HOXE COMEZA UN NOVO SOÑO

 

Depor-Real Oviedo

No día de hoxe comeza un novo soño, unha nova historia. Todo o pasado o ano pasado hai que deixalo a un lado, non esquecelo, pois nunca se debe esquecer do pasado, sexa bo ou sexa malo, pois de todo se aprende e todo vale para facer presente, e buscar un mellor futuro, que de nada que nos demos de conta xa será pasado.

Hoxe o Depor e o deportivismo buscará unha vitoria para mirara de fronte a un novo reto, un reto que buscaremos xuntos cunha pasión por unhas cores e un escudo.

Anquela fixo a sua primeira convocatoria oficial e nela incluíu aos novos, Peru Nolaskoain e Samuele Longo, así coma o fabrilista David Sánchez.

O resto da convocatoria ademáis destes 3 está formada por : Dani Giménez e Koke Vegas como polrteiros. David Simón, Eneko Bóveda, Diego Caballo e Luís Ruíz, como laterais, Michelle Somma, e Lampropoulos, como centrais. No medio do campo, Álex Bergantiños, Vicente Gómez, e Gaku. Nos interiores, Aketxe, Borja Valle, Borja Galán e na dianteira a Rolán, e Chrístian Santos. Antre estes homes, Anquela terá que escoller aos once que saltarán o céspede de Riazor dende ás 18:00 horas, (16:00 GMT).

Fede Cartabia non entrou na convocatoria o haber sido cedido ao Al-Ahli saudí, cunha opción de compra ao final da tempada.

1.500 oviedistas arrouparán o seu equipo no Estadio de Riazor, os cales lles desexamos unha boa estancia no noso estadio e na nosa terra.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies