HOXE COMEZA O “I TORNEO CONVIVENCIA FUTSAL A FERVENZA FSF” CON 19 EQUIPOS DE BASE

 

Hoxe comeza o “I Torneo Convivencia Futsal A Fervenza”

Hoxe venres 28 de Xuño comeza a rodar o balón no Pavillón Municipal de Neda, co comezo do “I Torneo Convivencia Futsal A Fervenza FSF”, que se extenderá ata o vindeiro Domingo 30 de Xuño, e que está organizado polo Comarcal A Fervenza. Neste “I Torneo Convivencia Futsal A Fervenza FSF” estarán presentes varias das mellores escolas de futsal a nivel galego e nacional, que participarán nas categorías biberón, benxamín, alevín, infantil e cadete, cun total de 19 equipos, máis de 200 nenas e nenos, 36 partidos, 32 horas de fútbol sala e 65 horas de convivencia.
A categoría biberón será a única mixta, porque o resto serán unicamente femininas, na que participarán nun único grupo equipos da comarca de Ferrolterra como son Esteiro, Narón Freixo “A”, Narón Freixo “ B” e Telepizza A Fervenza.
Na categoría benjamín xogarán nun único grupo Viaxes Amarelle (A Coruña), Selección de Ferrol, CDE Muslera (Cantabria) e A Roldana A Fervenza.
Na categoría alevín tamén xogarán nun único grupo CDE Muslera (Cantabria), Lago DVSport (As Pontes) e Charcutería Orvi A Fervenza.
Na categoría infantil xogarán nun único grupo e logo nunha fase final Narón Freixo, Móstoles FSF (Madrid), CDE Muslera (Cantabria) e Erro! Ferrol A Fervenza. Na categoría cadete tamén xogarán nun único grupo e logo nunha fase final Poio Pescamar, Móstoles FSF (Madrid), CDE Muslera ( Cantrabria) e Ou Son de Cociña A Fervenza.
Os partidos da fase de grupos nas categorías biberón, infantil e cadete xogaranse entre o venres e o sábado, mentres que nas categorías alevín e benjamín finalizará o domingo pola mañá. As semifinais en infantil e cadete xogaranse o sábado pola tarde e as finais o domingo pola mañá.
-Un artigo de Adán Puentes pata piratasdemuxia.es-
(Adán Puentes é o Xefe de Prensa do Comarcal a Fervenza FSF)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es