HOXE COMEZA A ROMARÍA DA BARCA A MÁIS GRANDE DE GALICIA QUE CUMPLE 30 ANOS DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL

 

Hoxe venres 13 de Setembro comeza a máis grande das romarías de Galicia a única de Interese Turístico Nacional da Costada Morte e unha da poucas que existen en Galicia e que ven puidera ser considerada de Interese Turístico Internacional, polo seguimento de milleiros de extranxeiros que visitan o Santuario anualmente e que disfrutan da romaría voltando tódolos anos. Este ano cúmplense 30 anos dende que fora nomeada de Interese Turístico Nacional, tras un gran traballo de investigación histórica do historiador, Henrique Ribadulla Porta, (+), e que culminou co nomeamento no 1989.

Falar da Barca non é coma noutras festas falar de orquestras. Estas son un aliciente máis dunha celebración que move xa na novena que remata hoxe a milleiros de romeiros, peregrinos e devotos cada día, cunha afluencia impresionante o fin de semana antes e hoxe venres. Logo as misas do sábad, Domingo e luns, son seguidas por unha cantidade inxente, en especial a do Domingo na ladeira norte do Monte Corpiño no lateral do Santuario, o máis visitado de Galicia de culto Mariano. A procesión posterior ata o porto para o lanzamento da traca, (que está considerada a máis longa de Galicia), é impresionante. 

A Barca polo tanto ten xente que se apunta as orquestras, aos actos relixiosos, con viaxes programados de toda Galicia, a facer os ritos da Pedra dos Cadrís, subirse a d´abalar, pasar pola Pedra dos Namorados, a da cabeza, aos fogos de artificio coa pirotécnia da noite do sábado e a traca do Domingo, xente que se apunta a romaría, a vir andando, xantar en calquer curruncho ou praia, e xente a que lle gustan as multitudes. Un amalgama tan diferente que non se pode falar da xente que hai pola que haxa de noite nas orquestras, senón que é moito máis.

Unha costume que se extende dende o 15 de Agosto de 1957 cando a Nosa Señora da Barca foi coroada como patrona de Galicia é o lanzamento de 21 bombas de palenque cada día para dar comezo a romaría, en lembranza as 21 salvas de honor que disparou un barco da Armada Española cando a Nosa Señora foi coroada nunha misa seguida por milleiros de persoas e celebrada enriba da Pedra d´abalar.

A Barca foi sempre imnovadora, sendo a primeira que tivo unha orquestra, a primeira que alongou a festa ata o mencer,  e hoxe en día a que ten duas orquestras na sesión vermút do Domingo.

Unha romaría que só antre o alumeado, terreo ocupado de Obras de Portos e seguros, paga máis de 20.000 euros.

Hoxe comezan 4 días longos de romaría, relixión, festa e diversión. O pobo de Muxía sírvevos todo isto e dende www.piratasdemuxia.es pedímosvos que o pasedes ven e disfrutedes de todo o que vos ofrece o pobo, pero respecto a todo e a todos. Disfrute con cordura.

PROGRAMA DA ROMARÍA

 

Logo hai outro programa adicional de Grupos de Gaitas, charangas, cabezudos, etc…