O UC Cee debuta na competición feminina.
No día de hoxe comeza a disputa da “IV Copa Deputación da Coruña” de fútbol feminino con 3 encontros. Para mañán mércores 31 de Xullo será o turno do resto, un total de 12. Está suspendido o CF Deportivo Orzán-Victoria CF.
Os equipos costeiros xogarán os 3 mañán mércores. Destacar o debút do UC Cee Femenino que se enfrontará nas “Eiroas” ao Bergantiños Feminino a partires das 19:30 horas ca arbitraxe do cormelán Bruno Méndez.
O outro equipo costeiro da comeptición o ED As Miúdas xogará a partires das 19:00 horas no “Eleuterio Balayo” fronte a un dos “cocos” o Orzán SD, ca arbitraxe de Borja Buján.
Debuta tamén no fútbol feminino o UD Paiosaco que recibe ao Sporting Cambre no “Porta Santa” a partires das 21:00 horas coa arbitraxe de Diego Gándara.
Tódolos enfrontamentos e horarios :
Martes 30/07/2019
Órdenes-Betanzos, (19:00 horas)
Noia-Victoria FC, (19:30)
Tordoia-Carreira, (20:30)
-Mércores 31/07/2019-
Xuventude Crendes-O Val, (19:00)
Sporting Burgo-Unión Campestre, (21:00)
Pastoriza-Sporting Cambre, (21:00)
Olímpico-Narón, (20:30)
Portazgo-Abella, (20:00)
Silva-Torre, (19:00)
Arzúa-Xuventú Aguiño, (19:00)
Unión-Villestro, (19:00)
Bergantiños-UC Cee, (19:30)
ED As Miúdas-Orzán SD, (19:00)
Paiosaco-Brexo Lema, (21:00)
Once Caballeros-Deportivo, (19:00).
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es