HOXE COMEZA A COPA DA COSTA SENIOR E A DE VETERANOS.

 

No día de hoxe, Domingo 29 de Maio, comeza a “LVII Copa da Costa” e a “Copa da Costa de Veteranos”.

No que se refire a “Copa da Costa” senior para hoxe, tal como vos informamos tíñamos o único encontro da previa, que enfrenta ao Cabana SD e ao Corme CF, pero ademáis deste encontro o SD Camelle adiantou o seu encontro dos Dazaseisavos de Final, co CF Mazaricos, e tamén se xogará na tarde de hoxe. O resto de encontros serán a vindeira fin de semana.

No que se refire a Copa da Costa de Veteranos, no día de onte, sábado, xogábase o Porteño de Veteranos- ACD San Ramón Veteranos, que acababa con vitoria dos visitantes por 0-1 con gol de Alejandro Abelenda no minuto 88.

ENCONTROS

57ª COPA DA COSTA

Cabana SD-Corme CF, no As Redondas ás 17:00 horas

SD Camelle-CF Mazaricos, no O Rodeiro ás 18:00 horas

 

COPA DA COSTA DE VETERANOS

Porteño 0-1 San Ramón

Corcoesto-Arasolis, no A Piña ás 10:00 horas

Razo-Ponteceso, no Areal ás 11:00 horas

San Román-Deportivo Carballo, no Municipal da Laracha ás 10:00 horas

Leiloio-Zas, no Feira nova ás 10:00 horas

Coristanco-Cabana, na Rocheira ás 11:00 horas

Dumbría-Corme, no Conco ás 12:00 horas

San Lorenzo-Soandres, no As Pedreiras ás 10:30 horas

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia