Para a RFGF está é a 3ª edición da Copa da Costa, pero os que levamos anos nesto sabemos que xa se orgañizaron varias máis, en especial da man do Fisber FSF, e con boa orgañización e seguimento. Hoxe co primeiro encontro da previa antre o UC Cee e o CF Mazaricos comeza unha copa feminina da que non facemos máis ca recibir críticas, non agora, senón xa dende semanas atrás, algunhas xa nos comentarios dos derradeiros encontros por parte dos adestradores dos equipos da costa.
Porque decimos que a orgañización é caótica, ou podíamos poñer adxetivos coma os que nos están chegando, como “desastrosa”, inxusta”, “nefasta”, “contra o fútbol feminino”, etc…
Pimeiro que non se tivo en conta os equipos nen as xogadoras. Hoxe en Cee xógase porque o UC Cee está na loita polo ascenso, pero ademáis de adiantarse xa que volven a xogar Domingo, xogarase ás 21:00 horas, para que abos equipos poidan xuntar xogadoras, dado que a xente normal e corriente desas edades ou estuda fora, ou traballa. Nas mesmas tesituras están o Corme e o Xallas, ambos seguen loitando pofase de ascenso e permanenza, polo que o xogar Domingo pasan o encontro a martes, (30 de Maio), ás 21:00 horas, para poder ter xogadoras, e tendo en conta que algunhas non poderán estar polos mesmos motivos esgrimidos anteriormente.
Para guinda o encontro ante o invitado, AD Nicrariense, equipo que non é da costa nen xogou nunca na costa noutras categorías, pero que vai de invitado. Ata fai pouco no Ponteceso que será seu rival no “Cepelo” de Negreira, non sabía se se ía a xogar o encontro, pois segundo nos apuntaban as nicrarienses non sabían se xuntarían xente para a disputa do encontro. Parece ser que si, pero o encontro xogarase mañán sábado 27 de Maio ás 11:30 horas, o que dificulta as cousas para as pontecesanas.
“O fútbol debe ser para diversión, non para que os que o practican teñan que sufrir, e esto vai ser un sufrimento”, decíanos un dos adestradores que xogan nesta previa. “Amolan a Copa e a imaxe dos equipos, esto é unha tolemia, xa é sabido que a estas alturas de tempada non se pode xogar a competición tendo en conta que vai a haber equipos inmersos en diferentes frente, e desta maneira fora da fin de semana non poderemos contar con tódalas xogadoras, as que lles gustaría estar pois para elas é unha ilusión coartada”, dinos outro dos que xogan esta primeira eliminatoria.
Se os equipos costeiros para semana seguen en liza nas fases de ascenso e permanenza, serán máis os que se unan a ter problemas nesta copa tan caoticamente orgañizada.
Cabe lembrar que se caótica é a copa, o que se refire as fases de ascenso e permanenza xa non ten nome, pois ata o que gañou a liga pode descender…
PREVIA COPA DA COSTA FEMININA
UC Cee-CF Mazaricos
Día : Venres 26 Maio 2023
Hora : 21:00
Campo : San Paio de Refoxos, 8Xallas-Cee)
Árbitro : Alberto Pombo
AD Nicrariense-Ponteceso SD
Día : Sábado 27 Maio 2023
Hora : 11:30
Campo : O Cepelo, (Negreira)
Árbitro : Beatriz María Torres
AD Nicrariense-Ponteceso SD
Día : Martes 30 Maio 2023
Hora : 21:00
Campo : O Cairo, (Corme)
Árbitro : Por asinar
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”