HOXE COMEZA A CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DE ABONOS DO DEPOR 2025/26 : “Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa”.

 

Hoxe comezou a campaña de renovación de abonos do Depor 2025/26 co slogan : “Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa”. Uns abonos nos que hai unha subida en tódalas gradas excepto no “Tribuna Inferior corner” que baixa o prezo. Outra das novidades é que desaparece a categoría de “Parado”, e mantéñense as de Xubilado/discapacitado, ADN Branquiazul e Sub 25.

Así o explican dende o RC Deortivo : Co abono desta temporada pódense presenciar todos os partidos do Dépor en liga e na Copa del Rey en ABANCA-RIAZOR; ademais de todos os partidos de ANOSACANTEIRA e do Dépor Genuine ben en Abegondo (até completar a bancada) ou ben no Estadio.

Ese abono permite ter desconto nas Déportiendas; participar en sorteos, experiencias e campañas especiais; e ter preferencia na compra de entradas para os partidos tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra.

Esta temporada mantense o abono sub-25, favorecendo así a un maior número de deportivistas entre 15 e 25 anos; o abono ADN branquiazul; o de maiores de 65 anos; e finalmente o de persoas con diversidade funcional.

O voso alento suporá un valor extra para seguir alcanzando os obxectivos. Xuntos somos máis fortes.

“Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa”.

ENLACES CON TODA A INFORMACIÓN

Clica aquí para ver toda a información sobre a campaña de abonos 2025/26

Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26

Clica aquí para renovar o teu abono

PREZOS

 

CALENDARIO

 

-Información e cadros : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”