HOXE CHEGA A ZONA “LA VUELTA 2020” CUNHA CONTRARELOXO NA 13ª ETAPA ANTRE MUROS E O MIRADOR DO ÉZARO.

Percorrido da carreira e vía alternativa para vehículos.

 

Hoxe 3 de Novembro chega unha vez máis a Volta Ciclista a España, (La Vuelta), a nosa zona, será na 13ª etapa desta prestixiosa carreira e que terá de novo o Mirador do Ézaro como punto e final de etapa, que será unha contrareloxo de 33´7 Kms. No meramente deportivo no “Premio da Montaña”, Carapaz e Roglic xóganse a “Camisola Vermella” na crono do Ézaro. A “Locomotora do Carchi”, avantaxa ao esloveno con 10 segundos na clasificación xeral

Para evitar problemas nas vías de circulación polas que discurrirá a carreira, a estrada de acceso ao Mirador do Ézaro permanece pechada o tráfico dende onte luns 2 de Novembro ata as 23:00 do martes 3. Pola sua banda a AC-550 de Muros ó Ézaro non estará transitable máis que para a carreira e será pechada das 11:00 horas ata 18:00 de hoxe  martes 3 de Novembro, día da competición. No mapa detállase o percorrido alternativo pola Paxareiras para os vehículos da veciñanza.

A mediados de Outubro tivo lugar unha reunión telemática con membros da orgañización da “Vuelta 2020”, coa Subdelegación do Goberno, Xunta, Tráfico, Concello de Dumbría Concello de Carnota e Concello de Muros, nela marcaronse as pautas para velar por que se cumpran os requisitos do protocolo COVID-19, antre os que haberá un dispositivo especial de seguridade nos tramos e estará prohibido o púbrico no final  de carreira, polo que non estrá permitido como en anos anteriores a gran cantidade d afeccionados que daban cor e ánimo a subida de 1´8 Kms dende o Ézaro, (Dumbría) ata o alto do mirador. Un total de 40 axentes velarán por que se cumpran as normas estabrecidas. Tamén se pide que se evite a aglomeración de afeccioados e curiosos no transcurso da carreira o paso dos corredores.

 

Tdp da Tve retrasmite a carreira en direto,  dende ás 14:30 horas, así coma Eurosport.

 

-Foto : Concello de Dumbría/TVE

-Texto : piratasdemuxia