HOXE CF DUMBRÍA FEMININO E MASCULINO LOITAN EN OLEIROS POR UN POSTO NAS FINAIS DA COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Semifinais da Copa Deputación da Coruña

-22 de Xuño de 2025-

No día de hoxe Domingo 22 de Xuño, tal e como xa vos informamos pola semana, disputaranse as semifinais da Copa Deputación da Coruña, tanto en categoría feminina como masculina, na que estarán os nosos representantes os dous equipos do CF Dumbría. Os encontros celebraranse no campo municipal A Marola, no Concello de Oleiros.

O CF Dumbría, como campión da Copa da Costa en ambas modalidades, representará á comarca.

Na categoría feminina, o CF Dumbría xogará contra o Victoria CF, campioas da Copa da Coruña, a partir das 10:30 horas. A segunda semifinal enfrontará ao SD O Val, campioas da Copa de Ferrol, co EFM Concello de Boiro, campioas da Copa do Sar.

Xa pola tarde na categoría masculina, o CF Dumbría enfrontarase ao SD Negreira, campión da Copa do Sar, a partires das 19:30 horas. A outra semifinal medirá ao Galicia de Mugardos, campión da Copa de Ferrol, co Atlético Montañeros da Coruña, campión da Copa da Coruña.

As finais de ambas categorías disputaranse o vindeiro 29 de Xuño, tamén no campo municipal A Marola, en Oleiros.

O noso desexo do maior dos éxitos para ambos equipos dumbrieses que nos representan a tódolos que formamos o fútbol da costa.

Festa Fin de tempada do CF Dumbría

O sábado 28 de Xuño, día antes das finais se pasan a elas, o CF Dumbría celebra a festa Fin de Tempada no Municipal do “Conco”. Toda a información no cartel.

-Cartel : FaceBook CF Dumbría -Oficial-

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”