HOXE ASEMBLEA VITAL PARA O XALLAS FC NA PROCURA DUNHA DIRETIVA QUE TOME O MANDO A 3 DÍAS DO FINAL DO PRAZO PARA ISNCRIBIR EQUIPOS NA RFGF.

Se fai unha semana o CD Baio acadaba un presidente que tomase o mando do clube, tras varias xuntanzas e Chino facíase cargo do clube, hoxe é o día para o Xallas FC, que a vindeira tempada militará na 1ª Galicia, se aparece alguén que colla o clube, como esperamos e desexamos.

O pasado 8 de Xullo tivo lugar a Asemblea de Socios, na que Beatriz Velo e a sua diretiva presentaban a dimisión irrevocable.

Hoxe a partires das 19:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda, terá lugar a xuntanza na procura dun novo presidente e unha nova diretiva, que se faga cargo dun dos históricos da costa. De non haber nenguén que se faga cargo, tal como apunta a diretiva na resolución da anterior xuntanza, o clube será entregado a RFGF, dado que o 18 de Xullo remata o prazo para inscribir equipos na propia RFGF, para a campaña 2022/23.

-Foto e Texto : piratasdemuxia