María do Ceo volve a actuar no Santuario da Nosa Señora da Barca, un lugar do que ela fai uns anos afirmaba ser “o lugar no que dei o concerto máis singular i emotivo”. A sua derradeira cita neste emblema do xacobeo galego na Costa da Morte tivo lugar no 2017, catro anos despois do incendio que destruiu o retablo da Nosa Señora obra do mestre Romay. A pesares de que chegaba con problemas de saúde María do Ceo non quixo suspender o concerto no que interpretou temas como Negra Sombra, Lela, oou Teño saudade de ti, así como algún tema da sua compratiota a “diosa do fado”, María Rodríguez, pero o que máis levantou os aplausos e fixo caerlle bágoas a ela, emocionada, e os presentes foi a sua versión do “Alalá da Virxe da Barca” acompañada da Coral de Muxía.
Muxía ten un vínculo ancestral ca veciña Portugal. O contacto antre a catedral de Braga e o Santuario da Barca está unido coa Vía Mariana, con comezo en terras lusas e final en Muxía e que trae a moitos portugueses ata a nosa vila. Ademáis foron moitos os asuntos que se trataron na antiguedade antre os dous templos cando o portugués estaba baixo o auspicio de Santiago de Compostela.
O concerto na Barca
O concerto, programado polo Concello de Muxía, terá lugar hoxe sábado 18 de xullo do 2026 a partires das 21:00 horas no Santuario da Barca i está enmarcado na xira “Galicia Nai”, baseado no seu disco homónimo editado no 2023. Un disco moi centrado a identidade galega e na conexión cultural entre Galicia e Portugal, algo que encaixa perfectamente cun escenario tan simbólico como a Barca, e polo que vos contamos da Vía Mariana.
.
-Foto : La Voz de Galicia
-Texto : Xosé Búa “Pirata”