HOXE ÁS 20:00 HORAS NA TVG2 O ENCONTRO DO ASCENSO DO RC DEPORTIVO ANTE O MURCIA DA 1990/91.

Os que estábamos nesa parte do campo tivemos que baixar o terreo de xogo.

 

Hoxe Domingo 26 de Abril na TVG2 a partires das 20:00 horas retrasmiten o encontro que na tempada 1990/91 supuxo o ascenso a 1ª División do RC Deportivo ante o Real Murcia, e que supuxo o xerme do que despois sería o SuperDepor que se convertiría no mellor e máis alureado clube de fútbol de Galicia, un dos mellores de España, sendo un dos 9 que levantaron a Copa de Campión de Liga e un dos mellores de Europa, derrotando por primeira vez a moitos equipos de renome europeos no se campo.

O encontro ante o RC Deportivo e o Real Murcia comezou con tensión ao arder o teito da grada de Preferenza Superior, na banda de Pavillón, (daquela non existía ista grada, chamada así por estar na banda do pavillón de deportes), e os que alí estábamos tivemos que baixar o terreo de xogo ata que os bombeiros apagaron o incendio, que se produceu por unha bengala lanzada dende o exterior e que prendeu na uralita de plástico. Dende Murcia ainda hoxe en día din que aquel incendio foi para desestabilizar ao seu equipo no encontro vital para o ascenso.

A vitoria do RC Deportivo por 2-0, con sendas perlas de Stojadinovic, fixo que os deportivistas ascenderan con 48 os mesmos co Real Murcia, (ao que lle chegaba o empate), que caía por golaveraxe a 3ª praza e cun punto menos co campión de liga, Albacete Balompié. Nas celebracións Augusto César Lendoiro acuñou a histórica frase de : “Barça, Madrid, ya estamos aquí”. Unha frase da que moitos se riron, e que pouco despois choraron, o facerse realidade.

RC Deportivo : Yosu; Albistegui, Djukic, Martín Lasarte, Sabín Bilbao; Gil, José Ramón, Aspiazu, Fran; Villa e Stojadinovic.

Adestrador : Arsenio Iglesias.

 

 -Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : Arquivo RC Deportivo.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.