Hoxe ás 18:00 horas pechan a consulta do RC Deportivo sobre pasar ou non o nome do clube ao galego ou seguir como está…Non quedes sen votar.

Na tarde de hoxe Domingo 21 de xuño do 2026 pecharase a votación de socios e abonados para decidir se o clube neste seu 120 aniversario adpata o seu nome a toponimia da cidade en galego, “A Coruña” ou se continua como está en castelán.

O RC Deportivo que se chamaba Real Club Deportivo de la Sala Calvet, (do que a cruz do escudo e a coroa perduran),  cambiou o seu nome ao actual de Real Club Deportivo de La Coruña o 24 de setembro de 1911. Nesa data, tras ser recoñecido co título de “Real” outorgado polo rei Afonso XIII en 1909, a entidade adoptou oficialmente a denominación actual, a que esperemos que lle queden poucos días, agora podería actualizarse o galego se gaña a opción de Real Club Deportivo da Coruña, para a cal desde a Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía” pedimos o voso apoio.

Non por unha causa política como queren vender algúns, senón que, primeiro porque é o toponimio da cidade na nosa fala, (A Coruña), e despois porque é o equipo de Galicia, o máis representativo en tódolos aspectos, tanto sociais coma deportivos e ten que selo en todo por historia e tradición.

-Enlace para entrar a votar o que decidas : rcdeportivo.es/consulta

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”