HOXE AS 12:00 HORAS O RC DEPORTIVO XUVENIL “A” BUSCARÁ NAS PALMAS UNHA PRAZA NA SEMIFINAL DA “COPA DE CAMPIÓNS XUVENÍS”, (TELEVISADO POLA TVG).

Esta mañán de Domingo no anexo o Estadiro de Gran Canaria xógase 12:00 horas, a volta dos Cuartos de Final da Copa de Campións Xuvenís, que terá en direto as cámaras da TVG.

No encontro de ida a pasada semana en Abegondo o resultado foi de 2-1 para os deportivistas, nun choque tremendamente disputado. No caso de superar á UD Las Palmas, o rival do Xuvenil A en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid.

O Xuvenil A accedeu á Copa de Campións como campión do Grupo 1 con 53 puntos; por diante do RC Celta (51 puntos) e Sporting de Gijón (50 puntos).

Xuvenil A: Brais, Trilli, Guille Bueno, Fito, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Mario, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron: Do Carmo, Jairo, Padín, Yeremay e Nico.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies