HOXE 3º AMIGABLE DA PRETEMPADA PARA O DEPOR TELEVISADO POLA SUA CANLE DE YOUTUBE

Pedro Sánchez volta estréase nunha convocatoria.

 

Hoxe en Pasarón 3º amigable de pretempada

Poderíamos decir 3º e 4º, xa que como xa vos informamos d´ñias atrás o Depor xogará o triangular “Trofeo Cidade de Pontevedra” ante o CD Tenerife, (21:00 horas-19:00 GMT) e despois ante o anfitrión o Pontevedra CF, (22:00 horas-20:00 GMT). O troeo comeza ás 20:00 horas, (18:00 GMT), co Pontevedra CF-CD Tenerife.

Para este encontro José Antonio Anquela leva 22 xogadores. Como novidades na lista entran Michelle Somma e Pedro Sánchez, que de participar sería o primeiro encontro de pretempada para ambos, que comezaron a pretempada adestrando a parte polos problemas físicos do final de tempada. Somma decía a semana pasada nunha rolda de prensa que estaba ben, pero que adestraba a menor ritmo por precaución para fortalezar a zona danada.

Os encontros do Depor serán televisados pola canle de Youtube do RC Deportivo, en direto ou logo cando queiras en diferido. Igualmente podedes acceder a canle deportivista dende os nosos “Vídeos Recomendados”, abaixo na portada da web onde quedan rexistrados tódolos vídeos que sube o RC Deportivo.

 

 

Quedaron fora : Dani Giménez, David Simón, Diego Rolán, Fede Cartabia e Crístian Santos. Todos eles con molestias ou en proceso de readaptación.

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Deportivo 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)

Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo

 

Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.

 

GOLEADORES DA PRETEMPADA

Crístian Santos : 1

Mujaid : 1

Borja Valle : 1

 

GOLES RECIBIDOS

Koke Vegas : 1

 

-Foto de rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es