HORARIOS PARA AS XORNADAS 5ª, 6ª, 7ª E 8ª XORNADA PARA O DEPOR NA 1ª RFEF :

 

A RFEF fixo públicos esta tarde os horarios da 5ª, 6ª, 7ª e 8ª xornadas da Primera RFEF Footters que se disputarán entre finais de setembro e mediados de outubro.

Na 5ª xornada, o Dépor visitará ao Unionistas de Salamanca CF. Será o domingo 26 de setembro ao mediodía, retransmitido por Footters desde o Estadio Municipal Reina Sofía da capital salmantina, campo no que os branquiazuis debutaron hai pouco menos dun ano con vitoria grazas a un golazo de Héctor Hernández.

O Dépor volverá xogar en ABANCA-RIAZOR na 6ª xornada, estreándose nas xornadas dos venres, o 1 de outubro a partir das 21:00 h. ante a SD Logroñés, tamén coas cámaras de Footters como testemuña.

Os dous seguintes encontros, tamén emitidos por Footters, terán lugar na tarde do sábado. Primeiro, con motivo da 7ª xornada, o Dépor volverá xogar case 63 anos despois da última vez no Stadium Gal de Irún fronte á Real Unión (9 de outubro ás 17:00 h.). Unha semana despois, o 16 de outubro ás 19:00 h., o Dépor recibirá en ABANCA-RIAZOR ao UD San Sebastián de los Reyes.

Este é o calendario de partidos confirmados do Dépor 2021-2022:

-Xornada 4: sábado 18 de setembro, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-CD Badajoz.

-Xornada 5: domingo 26 de setembro, 12:00 h. Estadio Municipal Reina Sofía (Footters), Unionistas de Salamanca CF-Dépor.

Xornada 6: viernes 1 de outubro, 21:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-SD Logroñés.

Xornada 7: sábado 9 de outubro, 17:00 h. Stadium Gal (Footters), Real Unión Club de Irún-Dépor.

Xornada 8: sábado 16 de outubro, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-UD San Sebastián de los Reyes.

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es