Rubén Reborido nun encontro na “Arliña”, (Muxía).
A RFGF ven de mandarnos as designacións arbitrais e os horarios do “Play-Off” de ascenso express para os equipos galegos, (os encontros en direto pola TVG2), que loitarán por un posto na categoría de bronce do fútbol español e que son os seguintes :
Sábado 18 (semifinal SD Compostela-CD Barco)
- Jesús López Fernández (árbitro principal)
- Alberto Blanco Méndez e Ismael González Caramés (asistentes)
- David Iglesias Melón (cuarto árbitro).
Domingo 19 (semifinal Ourense CF-Arosa SC):
- Gustavo Vidal Fonseca (árbitro principal)
- Pablo Bustabad Gomes e Álvaro Gil Soriano (asistentes)
- e Gabriel Quintairos Rial (cuarto árbitro).
Sábado 25 de xullo (final):
- Alexandre López Vila (árbitro principal)
- Rubén Reborido Rodríguez e falta por determinar o segundo asistente
- Sergio Miguens Santiago (cuarto árbitro).
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.