HOQUEI LIGA : “O DEPORTIVO LICEO ARRANCA A LIGA DERROTANDO O VIXENTE CAMPIÓN FC BARCELONA”

 

Deportivo Liceo 2-1 FC Barcelona

Arrancou a OK Liga de hoquei a patíns e no Pazo dos Deportes de Riazor comezaba cun encontro de altura. O Barcelona FC vixente campión de liga visitaba ao Deportivo Liceo, cun Pazo ateigado de afeccionados. Franco Platero e Marc Grau poñían por diante aos liceistas na primeira metade en tan só 12 minutos o que descolocaba ao barcelonistas, e na segunda a falla de 10 minutos para o final a madeira impedía o terceiro. Dispuxo antes de acabar este primeiro periodo o equipo liceista de 2 faltas diretas que parou o meta visitante Egurrola.

A arbitraxe moi protestada pola grada, coma sempre tiraba a favor dos cataláns que acurtaban distanzas a falla de 30 segundos para o finalde falta direta. Tensión na pista e na grada, pero o final os primeiros 3 puntos quedaban da parte liceista.

Gran mérito do Deportivo Liceo tras remodelar a maioría da plantilla con respecto o ano pasado e conformar un grupo que comeza con moi boa pinta. Non perdía o equipo catalán en liga dende o 18 de Novembro de 2017, cun total de 52 encontros invito.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Bruno Di Benedetto, Roberto Di benedetto, Franco Platero, Dava Torres -inicial-, Marc Grau, Oruste, Bridge e Ciocale

Goles : 1-0 Franco Platero, (10´); 2-0, Marc Grau, (12´); 2-1, Alabart, (a falla de 30´´).

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies