Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.
FÚTBOL
XALLAS FC BASE
O Xallas FC anuncianos a confección do corpo técnico do seu fútbol base. Eloy, Peke, Erre, Adrián, César Romero, Doro, Jota e Ruper, serán os encargados dos equipos de base xalleiros que ten como coordinador a Bruno Doriño. Un fútbol base que tivo o seu recoñecemento no equipo cadete polo ascenso a Liga galega como xa vos informamos e que recibeu unha homenaxe nun acto que tivo lugar no Multiusos de Santa Comba e que contou coa presenza do alcalde, David Barbeira, que fixo entrega dunha placa conmemorativa en representación do Concello, a presidenta do Xallas FC, Beatriz Velo, que lles entregou unha Copa, o “eterno capitán”, Sergio “Doro”, que tivo o placer de entregarlle unha medalla a cada rapaz, o igual que o Coordinador do Fútbol Base Bruno “Doriño”, que lle dou un diploma a cada un dos rapaces.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/César Romero
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.