O SD Sofán celebrou un novo fito histórico.
Xa decíamos que este final de Preferente Galicia ía a ser sinado. No Grupo Norte, co CF Noia xa ascendido, o CD Boiro dependía de si mesmo para acadar o ascenso, nun triple empate a 7 puntos co SD Sarriana e Sofán SD, pero clasificados segundos por golaveraxe. O equipo carballés, que fai un par de semanas non tiña opcións, dependía de gañarlle aos boireses, e de que non gañase o SD Sarriana por un resultado de máis de un gol. E deuse todo así. Os da parroquia carballesa derrotaban os boireses por 2-0, e os de Sarria, derrotaban ao CF Noia por 1-2, quedando a un tanto de ascender.
Mentres, en Betanzos, outros dous equipos da Preferente Galicia enfrontábanse noutro partido que tamén tiña premio gordo: o gañador do Victoria CF – Juventud Cambados tería unha praza asegurada na eliminatoria previa da próxima edición da Copa do Rei.
Ao final, e despois de 90 minutos de infarto, a segunda praza de ascenso no Grupo Norte recaeu en mans do Sofán, mentres que o Victoria CF tamén facía historia nunha quenda de penaltis.
“A nosa máis xordial noraboa a tódolos que forman a SD Sofán e o Victoria CF e o noso maior desexo de que este sexa un punti de partida de moitos máis éxitos”.
Histórico ascenso do Sofán
E desatouse a tolemia no campo de O Carral. O Sofán SD logrou un ascenso histórico tras superar ao CD Boiro por 2-0. E foi grazas a iso, á diferenza de goles, o que acabou dando a gloria ao conxunto de Carballo. Nunha tarde non apta para corazóns débiles, a SD Sarriana tamén fixo os deberes ante un Noia xa ascendido (1-2). De feito, o conxunto lucense foi equipo de 3ª RFEF durante moitos minutos grazas a esa diferenza de goles, aínda que o segundo tanto que anotou o Sofán ante o CD Boiro acabou dando o ascenso ao elenco dirixido polo monfortino Alberto Rodríguez.
Hai apenas unha década o Sofán era un equipo que campeaba entre a Terceira e a Segunda das Ligas da Costa. Pero este domingo 27 de xuño, a SD Sofán completou unha década de profesionalización cun histórico ascenso á nova 3ª RFEF. O equipo da pequena parroquia carballesa demostra o potencial dun proxecto futbolístico ben feito, coidando a base dende o comezo, creando unhas categorías inferiores de primeirísimo nivel, e fomentando o ascenso, pasiño a pasiño, do seu primeiro equipo. Hoxe, un equipo como o Sofán é equipo de categoría nacional, tras superar a todo un CD Boiro, historia viva do fútbol galego, acompañando ao CF Noia.
O Victoria CF, á previa da Copa do Rei
Un equipo coruñés disputará a próxima edición da Copa do Rei. A falta de saber se o Deportivo clasifícase para o torneo do KO a través da Copa RFEF, un dos históricos do fútbol modesto da cidade conseguiu o billete para a rolda previa. Trátase do Victoria Club de Fútbol. O equipo fundado en 1943 e que viu crecer a xogadores da talla de Amancio Amaro ou Lucas Pérez clasificouse tras superar a fase previa.
Na final, disputada este pasado domingo en Betanzos, conseguiu o triunfo na quenda de penaltis tras empatar 1-1 fronte ao Juventud de Cambados.
Ao igual que o CD Ribadumia a pasada campaña, o conxunto herculino enfrontarase nesta eliminatoria previa a un equipo da súa mesma categoría, a Preferente, no campo que ditamine o sorteo. No caso de superar esta eliminatoria, o Victoria CF sempre xogaría a seguinte eliminatoria no seu campo e ante un equipo da Primeira División.
Un positivo por COVID-19 apraza a derradeira xornada no Sur
Estaba e segue estando todo por decidir no Grupo Su, pois non se xogou a xornada o haber trascendencia nos 3 encontros en xogo, o darse un positivo no CD Cultural Areas.
-Texto : piratasdemuxia/RFGF
-Foto : RFGF