Histórico arranque da 2ª División Galega Feminina G1: seis equipos da Costa en liza

A vindeira fin de semana marcará un fito na historia do fútbol da Costa. Este 21 de setembro bota a andar a 2ª División Galega Feminina G1, e por primeira vez serán seis equipos costeiros os que competirán nunha mesma tempada nesta categoría, a maior representación da zona dende que existe a categoría.

Os protagonistas costeiros son:

  • SCDR Esteirana

  • Bergantiños Club de Fútbol B

  • Muxía Club de Fútbol

  • Corme Club de Fútbol

  • Unión Club Cee

  • Club de Fútbol Dumbría

Dous deles o Cee e o Dumbría, xa saben o que é competir nesta liga e repiten experiencia. Pola súa banda, SCDR Esteirana, Bergantiños B, Muxía e Corme estrearanse na categoría, reforzando así a presenza costeira nun grupo que promete moita igualdade.


Calendario e formato da competición

A liga constará de 34 xornadas e prolongarase ata o 31 de maio de 2026, cando se poña fin á fase regular.

  • Ascenderán directamente os dous primeiros clasificados.

  • O 3º e 4º posto darán dereito a disputar a promoción de ascenso.

Un reto esixente para os equipos da Costa, que buscarán colocar a algunha das súas escadras nos postos nobres da táboa.


Na primeira xornada teremos o derbi antre o Muxía e o Corme, mesmo choque co que acabaou no pasado curso a 3ª Galega G2, e no que as muxianas acadaron o ascenso ante as campionas de liga.

Primeira xornada

  • 21/09/2025

  • Descansa: SCDR Esteirana

  • Bergantiños FC B – Eirís S.D.
    🕛 12:00

  • CF Dumbría – S.D. San Lázaro
    🕛 12:00

  • CF Muxía – CF Corme
    🕛 12:00

  • A.D. Nicrariense – Brexo Lema S.D.
    🕛 12:15

  • Victoria C.F. C – S.D.C. Órdenes
    🕓 16:00

  • S.D. Tordoia – Unión Club Cee
    🕔 17:00

  • Orillamar S.D. – S.C.D. Milagrosa
    🕕 18:00

  • Cultural Maniños – Unión Campestre
    🕕 19:30

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”