Foi un 14 de agosto de 1995 no Municipal Cartagonova (Cartagena), xogábase en pretempada o “I Trofeo Internacional de Cartaxineses e Romanos”, e na disputa estaban o Depor de John Benjamin Toshack e o Bayern Múnic de Otto Rehhagel, o mesmo que uns anos despois faría historia concseguindo a Eurocopa coa selección de Grecia, pero que desta volta pasaría a historia coma un dos maiores bochornos sufridos polo equipo bávaro.
Un trofeo a altura
O trofeo en disputa era todo un exemplar único. Unha réplica dunha moeda antiga romana de máis de un metro de diámetro, coa inscrición en romano do nome da cidade, sobre dous piares e estes sobre un caixón co escudo da cidade de Cartaxena. En total 2´28 metros de altura e en torno aos 150 kilos de peso, polo que os xogadores campións non puideron alzalo, só posar o seu carón.
O trofeo que sería para o Depor tras ó 7-0 final, foi transportado por estrada ata a Coruña e ubicado na antiga oficina da Avenida da Mariña do clube deportivita, alí estaba nunha esquiña entrando a man dereita e valía para deixar o bolso ou a chaqueta. Tras marchar da oficiña da Avenida Mariña o clube o trofeo foi para os baixos de Riazor, alí a un ladiño preto dos vestiarios, pero co paso do tempo, e a idea do museo do Depor foi restaurado e ocupa un lugar de privilexio.
Podería decirse cariñosamente e con todo o respeto, que pasou de ser un estorbo a ser unha peza de museo. Ten o privilexio de lucirse como o trofeo de maior tamaño do fútbol español e de maior altura, ademáis de ser o primeiro que se xogaba e o ser un torneo desaparecido, tamén lle da o seu valór histórico, amén de como se consigueu e ante quen…
Depor 7-0 Bayern Múnic
Deportivo: Canales, Voro, Ribera, Djukic, Nando, Donato, Alfredo, Txiki Begiristain, Fran, Manjarín e Bebeto. Tamén xogaron: Paco Jémez, Milovanovic, Aldana, López Rekarte e Julio Salinas. Adestrador: John Benjamin Toshack.
Bayern Múnic: Probst, Frey, Helmer, Strunz, Kreuzer, Zickler, Herzog, Nerlinger, Hamann, Jean-Pierre Papin e Emil Kostadinov. Tamén xogaron: Scholl, Tomic, Witeczek e Kuffour. Adestrador: Otto Rehhagel.
Goles: 1-0, Bebeto (5′); 2-0, Fran (8′); 3-0, Bebeto (35′); 4-0, Bebeto (51′); 5-0, Txiki Begiristain (53′); 6-0, Aldana (62′); 7-0, Fran (66′).
Árbitro: Gómez López (Comité Murciano). Expulsou a Thomas Strunz no minuto 55.
–
-Foto : RC Deportivo
-Foto equipo : Concello de Cartagena
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeo : Arquivo Deportivo da Coruña
–

