O adestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, compareceu en rolda de prensa antes da visita ao CD Leganés este luns ás 21:30 horas (20:30 GMT), na terceira xornada da Segunda División. O técnico fixo fincapé na importancia da preparación, na intensidade e no coidado dos pequenos detalles.
Preparación e concentración
“Temos que chegar moi preparados, tanto a nivel físico coma mental. Vai ser un partido de moitísima esixencia e cada detalle vai contar. Non podemos permitirnos distraccións”.
Control do xogo
“Queremos ter control no medio do campo, que non sexa un partido onde o rival marque o ritmo. Necesitamos darlle fluidez ao noso xogo e manter unha intensidade alta”.
Sobre o Leganés
“O Leganés é un equipo moi organizado, con moita disciplina e perigoso nas transicións ofensivas. Temos que estar moi atentos cando perdamos o balón e nas accións a balón parado”.
Mentalidade competitiva
“A clave é competir os noventa minutos, estar concentrados en todo momento. Un despiste pode custar caro, así que temos que manter a mentalidade firme”.
Mensaxe á afección
“O apoio da nosa xente é fundamental. Sempre nos dan ese empurrón que fai que o equipo chegue máis lonxe. Sentímonos moi acompañados”.
Confianza no grupo
“Teño plena confianza no traballo que estamos facendo. O inicio de liga é importante, pero o fundamental é manter a competitividade durante toda a tempada”.
Yeremay
“Habería que ver cantas persoas rexeitan ofertas de 35 millóns…”, comentou Hidalgo, nun ton entre irónico e realista, deixando claro o valor que ten o canario no mercado e a dificultade que supón resistir certas tentacións.
Todo o que dixo telo escoitando o vídeo…
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”