Antonio Hidalgo afronta a visita do Deportivo ao Villarreal, esta noite ás 21:00 horas no Estadio da Cerámica, consciente da esixencia dun dos primeiros grandes exames do curso. O técnico branquiazul definiu o conxunto castellonense como un equipo de enorme talento, capaz de presionar moi arriba e con moita capacidade no un contra un.
O adestrador tamén confirmou que ten a práctica totalidade do cadro dispoñible, incluídos os dous últimos reforzos, José María Giménez e Marc Casadó, aos que ve en condicións de axudar pese á súa recente incorporación. A chegada dos novos futbolistas obriga, iso si, a buscar o mellor equilibrio nunha plantilla agora moito máis ampla.
Hidalgo mantén, ademais, o discurso de prudencia pese ao bo inicio ligueiro: o obxectivo segue sendo a permanencia, nunha tempada que considera longa e de máxima dificultade. «Isto vai de competir, isto vai de gañar», resumiu o técnico, que quere un Dépor capaz de aproveitar o seu talento e ser imprevisible en función do partido.
Villarreal e Dépor enfróntanse esta noite ás 21:00 horas na cuarta xornada da Primeira División.
–
-Fotomontaxe e texto . Xosé Búa “Pirata”
-Vídeo : RC Deportivo
–
