Hidalgo confirma que Gijselhart busca unha cesión e xa non estivo nos adestramentos nin estará hoxe para o encontro ante o Sevilla.

Teun Gijselhart que foi o primeiro xogador en chegar e que viveu desde a bancada o ascenso do Depor podería deixar o equipo nas próximas semanas en busca de minutos. O centrocampista non participou nos dous últimos adestramentos e conta co permiso do club para negociar unha cesión, debido ao overbooking que hai na sua posición e máis ca chegada de Casadó, e interesa que teña minutos debido a sua xuventude e non se corte a sua progresión.

Antonio Hidalgo confirmou a situación na previa do encontro ante o Sevilla: «Teun non estivo nin onte nin hoxe. Ten permiso do club para negociar unha cesión e veremos como remata».

A chegada de Marc Casadó aumentou a competencia no centro do campo e o técnico recoñeceu que os minutos de Gijselhart poderían verse reducidos : «Fomos claros con el e entendeu a situación. Ten moitas ganas de triunfar no Dépor, pero tamén quere xogar», explicou Hidalgo.

Serbia ou Arabia Saudí posibles destinos

O futuro do neerlandés queda agora pendente das negociacións, coa prioridade de atopar un destino no que poida gozar da continuidade que busca. Ainda hai varias ligas co mercado de fichaxes aberto, en Portugal pechaba no día de onte pero ainda están en activo as de Israel, (pecha hoxe), Arabia Saudí, (12 de outubro), e Serbia, (18 setembro), nestas duas últimas hai varios equipos na procura dun centrocampista. Tamén se pode dar o caso de equipos con algún xogador lesionado de alta duración.

–

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo

–