Tal e como vos adiantábamos onte na crónica do Depor 2-1 Oviedo, Helton Leite avandoaba a disciplina deportivista e viaxaba hacia Brasil para fichar polo Fortaleza, equipo histórico da Serie A brasileira e que tivo a mala sorte de en cuestión de días perder aos seus dous porteiros por lesión xogándose o futuro na categoría e a Copa Libertadores. A solución, tirar dun paisano en boa forma e con premura para saltar do avión a portería, literalmente.
Segundo o RC Deportivo, que lle agradecía todo canto nos dou, sendo un dos mellores da plantilla o ano pasado e axudando coas suas paradas a conseguir a permanenza sen problemas. O RC Deportivo explicou que se vai tras pagar a clausula de rescisión que anda no millón de euros.
Helton Leite despideuse nas redes sociais agradecendo o trato recibido e abraiado co feito de coñecer a 2grandeza deste clube”, con tan só, 2un ano foi suficiente para entender a grandeza deste clube e esta afección que cada xornada enchía Riazor”.
O meta brasileiro di estar, “seguro de que pronto se vai dar o ansiado ascenso a Primeira, lugar no que o Depor merece estar”.
“O noso agradecemento polos seus servizos para as nosas cores e o desexo de que todo lle vaia do milloriño”.
Agora o clube ten a necesidade de traer un meta para suplir a baixa do brasileiro e o que sona con forza, como xa vos adiantamos antonte, é Álvaro Fernández “Ferllo”, segundo do Sevilla que acaba de asinar por 2 tempadas pero que non conta moito agora mesmo para o novo adestrador. Ferllo é un gran coñecido de Fernando Soriano, xa que no Huesca foi o segundo porteiro menos goleado da categoría fai unhas tempadas e que ten experienza en Primeira e Segunda, así como na Premier League.
-Fotos : capturas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

