Helena Torres Máiquez (Murcia, 7 de outubro de 1998) converteuse esta mañá na terceira fichaxe do Dépor ABANCA para a temporada 2020-2021. A dianteira procede de Alhama CF de Murcia, equipo ao que As Nosas enfrontáronse hai un ano nas eliminatorias de ascenso a Primeira Iberdrola e co que esta temporada anotou 13 goles converténdose na segunda máxima goleadora da categoría, ademais dunha das grandes asistentes da competición.
Helena defendía as cores do equipo murciano desde 2018. Antes militou unha temporada no Sevilla e outra no Elche CF, ao que xa pertencera na temporada 2010-2011. Iniciou a súa carreira aos 7 anos no CD La Alberca durante 3 temporadas. Un ano no Ranero supuxo o seu salto ao Murcia Mulleres e, após a súa primeira experiencia ilicitana, estivo dúas campañas no Real Murcia. SPA Feminino, Fundación Albacete (tres meses na súa primeira experiencia na máxima categoría do fútbol feminino nacional) e Lorca Deportiva completan a extensa carreira de Helena a pesar de ter tan só 21 anos.
Disputou seis campionatos de España con dúas seleccións diferentes, a murciana e a valenciana. Ademais, xogou coa selección nacional Sub16 un torneo de desenvolvemento da UEFA que tivo lugar en Serbia no mes de abril de 2014.
A fichaxe de Helena é a terceira do Deportivo ABANCA após os das ticas Stephannie Branco e Noelia Bermúdez, xunto ás renovacións de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino e Noelia Villegas.
-Foto e Texto : RC Deportivo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.