HECTOR HERNÁNDEZ SOFRE UNHA LESIÓN MUSCULAR E MUJAID BAIXA POR CERCANÍA CUN POSITIVO POR COVID-19.

 

O RC Deportivo facía púbrico o parte de lesións sobre Héctor Hernández que o pasado Domingo tiña que abandoar o terreo de xogo ante o Vigo “B” por molestias na sua coxa dereita tras un lance no que se tirou a ras de chan a curtar unha xogada por banda dos pontevedreses.

Segundo os galenos deportivistas Héctor sofre : “unha lesión muscular na súa coxa dereita. O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, en función da súa evolución, pasar a continuación á seguinte fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”,

Mujaid baixa no adestramento por contacto cun positivo por COVID.19

O central Mujaid Sadick non adestrou cos seus compañeiros en prevenciaón, ao haber estado en contacto direto cun positivo por VOVID-19 e ter que quedar no seu domicilio a espera do resultado da PCR para saber se está contaxiado. O xogador logroñés do Depor xa pasou a enfermidade antes da pretempada polo que ao ter anticorpos o máis normal é que de negativo e poida retomar os adestramentos a vindeira semana.

Celso Borges e Lara

Por outra banda Celso Borges deu un paso máis na sua recuperación e saltou o terreo de xogo de Abegondo para facer exercicios de readaptación con Fran Molano. No que se refire o xove sevillano, Jose Lara, sufreu un golpe e tivo que abandoar os adestramentos antes da sua finalización.

Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies