HÉCTOR HERNÁNDEZ RENOVA ATA 2023.

 

Xa o dixo o rematar a tempada, que él aquí estaba a gusto e que non lle importaba a categoría, sabendo que estaba no RC Deportivo, un dos grandes de España, e así foi, ven de renovar ata o 2023, segundo nos informan dende o clube : 

“O RC Deportivo e Héctor Hernández Ortega (Valladolid, 23 de maio de 1991) chegaron a un acordo para renegociar o contrato que vincula a ambas as partes de maneira que se garante a continuidade do lateral Deportivista como xogador branquiazul até o 30 de xuño de 2023, independentemente de obxectivos variables.

Héctor, ao que o RC Deportivo quere agradecer a súa predisposición para poder alcanzar este acordo, chegou o pasado setembro ao Deportivo procedente do CD Numancia e, polo momento, disputou algo máis de 1.000 minutos en 14 partidos, anotando dous goles”.

Verdadeiramente é toda unha excelente nova a renovación do vallisoletano, que xunto a Keko Gontán, Bergantiños, Villares e Lucho, foron do pouco salvable da pasada tempada, na que o lateral esquerdo chegou o corazón do deportivismo coa sua entrega cada vez que saltou o campo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia