HADRIÁN RAMA, “O COLECCIONISTA DE TÍTULOS”

Hadrián Rama ante a colección de copas que atesoura no Paiosaco.

 

Hadrián Rama, (A Laracha-18/11/1990), que ven de renovar co UD Paiosaco Hierros Añón por unha tempada máis, aos seus 30 anos ainda ten moito que leirar baixo paus.

Co seu 1,70 metros de altura, comezou de moi neno no Laracha CF xogando de dianteiro e non o facía mal, tanto é así que como o chegar o UD Paiosaco, tralo seu periplo do equipo larachés, para non deixalo máis, xogaba de dianteiro e de porteiro, sendo plenamente competente en ambas posicións, pero tivo que decidir de que quería xogar e optou por seguir baixo paus.

Non sabemos cales serían a día de hoxe as suas prestacións como atacante, pero o que sí sabemos é que “Ramita”, (como lle chaman os seus amigos), convirteuse a sombra do longueiro, nun dos mellores metas do fútbol afeccionado galego. “Cóntanse cos dedos dunha man os encontros que me perdín nos derradiros 10 anos”, todo un felino baixo paus que vaia se tivo refrexo na sua carreira a sua dispoñibilidade e habilidade, que o levou a levantar como capitán “peisaqués”, a Copa de campión da 2ª Rexional no 2013, a de campión da 1ª Rexional do 2015 e o posterior ascenso a Preferente Norte, a Copa de campións da Copa da Coruña do 2017 e a do 2018, e o ascenso a 3ª División do 2018. Polo tanto foi partícipe dos mellores anos do clube verdibranco.

“Ramita”, garda con moita cariño, e ten como o seu mellor intre deportivo a Copa da Coruña do 2017, celebrada no Estadio de Riazor ante o UD Carral e ante máis de 6.000 afeccionados. “A final en Riazor foi para mín o mellor que conseguín, ainda que o ascenso a 3ª División, foi máis importante a nivel deportivo, a final ante o Carral, con toda a nosa xente na grada de Riazor, foi algo inolvidable. Levaban os afeccionados moitos anos desexando gañar a Copa e ese día foi unha explosión de xúbilo para todos”.

Estes días aproveitando unha sesión de fotos para o patrocinador do equipo de “Peisaco”, o presidente da entidade, tivo a idea de sacarlle a Hadrián Rama, unha foto con tódolos trofeos que gañou co equipo, e polo que vemos, ten corda para rato e ainda poderá sumar algún máis.

 

-Foto : Carlos García

-Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.