“HABEMUS SD CAMELLE”, (e outras novas do fútbol da costa)

 

José Luis Romaní novo presidente do SD Camelle

O presidente-fundador José Luis Romaní que todo o verán loitou buscando quen se fixera cargo do equipo para que non desaparecese, deu un paso adiante e será él o que leve as rendas do clube, coa axuda de Gonzalo “Marcha verde” e o presidente sainte Rubén Pose, que decideu acompañalos no novo proxecto para que Camelle non quede sen fútbol, ademáis cunha 3ª da Costa moi atractiva cos outros 3 equipos do concello camariñán como rivais, (FC Camariñas, CF Porteño e FS As Baleas).

Agora os 3 diretivos camelláns irán xuntando xogadores para montar o equipo, así como que terán que buscar adestrador o non poder adestrar “Pupus”.

 

OUTRAS NOVAS DA COSTA

Manuel Suárez “Lelo” será o adestrador do Corme CF da Liga da Costa 2019/20 e no Cabana SD dirixirá o equipo senior José Manuel Vázquez, namentras que finalmente Fernando Mato seguirá no clube cabanés, pero voltará a levar os xuvenís, namentras que Pablo levará os cadetes e os irmáns, Marcos e Daniel levarán os alevíns e infantís.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies