“HABEMUS CF MAZARICOS” : OS XOGADORES E A DIRETIVA SAINTE FARANSE CARGO DO CLUBE E XA COMEZARON A TRABALLAR.

O Mazaricos cumprirá os 30 anos competindo.

 

Tras moito traballo da diretiva sainte falando con xogadores para a sua posible volta o clube, chegouse no día de onte a un acordo para que o CF Mazaricos saia un ano máis aos terreos de xogo, e cumple xa 30 na vindeira tempada.

Así nolo conta o noso colaborador Jorge Villar “Gorrión” :

Se fai unha semana o Mazaricos estaba o borde da desaparición do seu equipo senior, xusto a tempada que celebraría o seu 30 aniversario, por fin podemos falar que a xente uniuse a causa, e xa se pode decir que o Mazaricos sale da UCI con moita forza e ilusión. O largo desta semana estIvemos mantendo contactos con moita xente para poder formar unha diretiva, nese preciso momento empezamos a falar con xogadores, xente da casa que quere luchar polo Mazaricos, unha directiva cunha fermosa mestura de veteranía, e xente nova que ven con moita ilusión e motivación, e que conseguiu meter as gañas a xente da vella garda, nomes xa coñecidos da diretiva que se fixera cargo do equipo nun xa lonxano 2009 como Casais, Fermín o Gorrión, xente como José Antonio, entrenador que salvara o equipo do descenso fai uns anos, da directiva anterior como Reboredo e Iría, dous “locos” polo Mazaricos. Bieito e Carpinteiro que xa viñan axudando no clube e no fútbol sala, por parte do fútbol feminino estarán tamen con nós Graciela e Katia, e para acabar de formar a directivo xogadores máis que coñecidos na costa como José Ángel, Ferreiro, Kevin, Pereiro e Molinos. Casais seguirá de presidente, secretario José Ángel, Ferreiro tesorero. 

Onte renovouse a Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo, pouco a pouco iremos informando de renovacions e fichajes.
Creo que a palabra e GRACIAS a xente polo esforzo para que non desapareza o Mazaricos que xa espera o seu cumpleanos con moita ilusión. 

O que sí imos intentar falar sempre en plural, fixemos un clube, por decirlo de algunha maneira, sen presidente. Todos somos presidentes e todos somos vocais.

 

-Foto e Texto :  Jorge Villar “Gorrión”/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies