“GUSA”, UN DOS XOVES VALORES DO MUXÍA CF RENOVA POR UNHA TEMPADA MÁIS.

“Gusa” no encontro de semifinal da Copa.

O xove central, José Manuel Barrientos Campaña “Gusa”, (Muxía-28/06/2000), tamén renova cos rapaces do Muxía CF para a 2022/23, na que o clube que preside Juan José Busto, que está a amarrar o groso do equipo desta pasada tempada, que tan bos resultados obtivo e que, non nos cansamos de dicilo, un sistema de competición asqueroso, privou do ascenso a 1º Galicia, así coma un mal inicio de liga no que perderon 2 dos 3 encontros que perderon en total.

“Gusa”, criado na canteira do equipo muxián, dende benxamín ata a categoría de xuvenil, cando deu o salto ao CF Dumbría, no que acabou a sua traxectoria de base e deu o salto o primeiro equipo, no que foi un fixo.

É un central elegante, que vai moi ben o corte, na anticipación e por arriba, aproveitando ao máximo a sua envergadura, tanto a hora de defender, coma no balón parado.

O central muxián, únese así aos Michael, “Congui”, Maikel Mouzo, Mauro, Manu Nogueira, Víctor Alcaina, Julián, Álex Martínez, e Fran Moreira, e os retornados, Adrián Alcaina e Iago Muiño, así coma a nova fichaxe, o meta, José D. Lema. Que estarán todos eles as órdes de Diego Lobelos, que tamén renovou.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosoco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia