Gueli Cotelo seguirá un ano máis, e xa van 7 dirixindo o Bergantiños FC Feminino. Así nolo contan dende o clube carballés :
O Bergantiños FC informa que Gueli Cotelo continuará por unha temporada máis como adestrador do noso Feminino.
Logo da gran temporada realizada este ano na categoría, á que ascenderon na pasada campaña, e de conquistar a “II Copa Da Costa” o míster seguirá guiando ao noso Feminino para continuar escribindo grandes páxinas na historia do Bergantiños por sétima tempada consecutiva.
-Foto e Texto : Bergantiños FC Comunicación