GUELI COTELO FÁLANOS A TOURO PASADO DA FINAL DA “COPA FEMININA DA CORUÑA” DUN BERGANTIÑOS QUE MAÑÁN XOGA A IDA DA FINAL POLO ASCENSO.

O Bergantiños subcampión de Liga e Copa, está na final polo ascenso.

 

Gueli Cotelo, adestrador do Bergantiños FC Feminino e sobre a derrota do seu equipop na dinal da Copa da Coruña Feminina, (2-0). nun escenario “inmellorable” como é o Estadio de Riazor e ante o Victoria FC, que xogou na mesma 1ª Galega Feminina ao igual cas carballesas que foron subcampionas desta competición.

“Nós saimos concentradas e sabedoras do que nos xogamos e dominamos a primeira metade e chegando con ocasións, pero foron elas que se mantiveron moi ben resgardadas, as que se adiantaban no marcador, cun tanto a balón parado, tras un saque de curruncho. Resultado co que nos íamos o descanso”, coméntanos Gueli, tras unha primeira metade na que mereceron máis, e así o pensaban cando se foron a vestiarios, “con boas sensacións convencidas de que algunha das ocasións que creaban e ían crear lles ía ir dentro, como xa pasaba noutrios partidos”.

Na segunda metade sairon coa intención de empatar o encontro, para así ter opción a loita polo título : “Saimos ca mesma idea de xogo, pois na primeira metade só nos faltou que o balón entrase e así seguimos na segunda metade. Elas   defenderon as suas bazas, pérdidas de tempo, e defendendo o resultado. A nos o balón non nos quería entrar e chegou unha man nosa no área e fixeron o segundo tanto de penalti. Nós aí puxemos máis xente de ataque e buscamos a desesperada poñernos no encontro pero o gol non chegou”.

Gueli agora a “touro pasado” e xa ca mente fría segue a ver o “resultado inxusto, pero cada un xoga as suas bazas e a elas saeulles ben e non queda máis ca felicitalas”.

Fase de Ascenso

O Bergantiños FC Feminino visita mañán Domingo 9 de Xuño a partires das 17:00 horas no Campo O Alivio, ao Tomiño FC Femenino, na ida da final polo ascenso a Nacional e ca arbitraxe de Álvaro Cid Rodríguez, asistido nas bandas por Adrián Rodríguez e Daniel Cerreda.

 

-Foto : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies