GRANDES FESTAS EN NEMIÑA, (MUXÍA) CON “ASTAROT” EN CONCERTO

 

Este vindeiro sábado 27 de Xullo e Domingo 28 terán lugar as Grandes Festa de Nemiña, (Muxía) na honra de SanCristobo o sábado e do Santísimo Sacramento o Domingo.

Coma cada ano a orgañización esmérase e leva o fermoso paraxe de Nemiña, ca sua gran praia de máis de 2 Kms, amada polos surfistas de toda Galicia, unha actuación estelar. Desta volta será o archi coñecido grupo de Heavy e Rock, “Astarot” que farán as delicias de todos cos seus temas, repasando os 12 albums que os avalan e de seguro que tocando os seus exitosos temas galegos de sempre pasados o rock.

O mesmo sábado a festa xa comeza pola mañán ca misa ás 13:00 horas e o pasarrúas do grupo de gaitas muxián “Xaramiños do Corpiño”, que acompañará a procesión. Tralos actos litúrxicos darase paso a sesión vermouth co grupo America SL, que tamén estará de noite e xubto coa Discoteca Movil “CDC”.

O Domingo 28 a xornada está adicada o Santísimo Sacramento. A misa solemne será ás 13:00 horas e logo haberá sesión vermouth con “Manolo Delfín”, repasando temas de todo tipo para o disfrute dos que vos acerquedes a Nemiña.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es