Andrés, (SD Laxe).
Moi dura a xornada para os equipos costeiros que xogaron este sábado no que o Entroido 2020 da os seus derradeiros coletazos. Tarde de chuvia e forte vento máis apta para estar no fogar o quente. O Volantes de Baño xogaba na 1ª Galicia G2 e o UD Corcubíón e o SD Laxe xogaban na 21ª xornada da 3ª da Costa i empataban 2-2.
UD Corcubión 2-2 SD Laxe
Na 3ª da Costa o UD Corcubión recibía no “Novo Cubaleiro” ao SD Laxe, equipo que xa está clasificado para a promoción de ascenso e buscará en virtude dos seus intereses a puntuación para enfrontarse a un ou outro rival. Os corcubioneses foiselles a vitoria nos derradeiros intres nun choque no que o remate dos 90 minutos regulamentarios gañaban por 2-1. Adiantáronse os de Corcubión aos 7 minutos de xogo cun tanto de Mario. Gol que neutralizaba o clube de Laxe aos 24 minutos de xogo cun tanto de Juan Martín. Xa na segunda metade era o xogador máis talentoso dos corcubioneses, Iago Lema, o que desfacía as táboas no 78´para poñer o 2-1. Parecía que os puntos ían quedar na casa pero un tanto do laxense Gustavo no desconto poñía o definitivo 2-2 no marcador e desfacía as táboas. Dirixía o encontro o xove árbitro Chrístian Sendón.
RESTO DA XORNADA
UD Monte Louro – SD Ameixenda, (17:00 horas)
CF Castrelo – Sporting Seaia CF, (18:30 horas)
SD Camelle – Outes CF, (17:15 horas)
UD Corcubión 2–2 SD Laxe
CD Nantón – CF Porteño, (17:00 horas)
Descansa : FC Camariñas
SD O Pino 1-3 Volantes de Baño CF
Da a sorpresa o Volantes de Baño CF na 24ª Xornada da 1ª Galicia G2 ao derrotar ao segundo clasificado da liga e con autoridade xa que os de Baño chegaron a ir cun craro 0-3 no marcador e sou maquiñaron o resultado os ourensáns no treito final. Adiantáronse os muradáns cun tanto de Pesco aos 40 minutos de xogo e o seu compañeiro Kevin poñía un sorpresivo 0-2 ao fío do descanso, (44´). Xa na segunda metade cos locais tentando meterse no encontro, Rubén, (fillo do xa ex adestrador José Manuel “Sil”), facía o 0-3, (71´). Tocou controlar e esperar sacar algunha contra e non pasaron apuros, xa que non era ata o 80 no que Óscar facía o 1-3 que sería definitivo. Son estes 3 puntos de ouro para os de Baño que loitan por escapar da zona de descenso. O encontro foi dirixido por Manuel Paz, con Bruno Iglesias e Sebastián Castro nas bandas. Só amosou un cartón en todo o encontro.
RESTO DA XORNADA
(Equipos “Zona Pirata”)
SD Soneira-SD Agolada : ás 16:15 horas
SD Tordoia-SD Negreira : ás 16:15 horas
SD O Pino 1-3 Volantes de Baño CF
CF Dumbría-CD Unión : ás 12:15 horas
CD Lalín-CD Baio-SD Piloño : ás 17:00 horas
Flavia SD-CF Mazaricos : ás 17:00 horas
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.