PREVIA : “COPA DA COSTA CADETE”-VOLTA DE SEMIFINAIS

Antre o sábado e o Domingo saberemos como queda confeccionada a Gran Final da “Copa da Costa de Cadetes”. Tralos resultados da ida das semifinais parece que SCDR Esteirana e Outes CF son os que máis probabilidades teñen de ser os finalistas o vindeiro 9 de Xuño. Os esteiráns derrotaban na ida ao SD Ponteceso por 0-2 con goles de Manuel Figueiras, (58´e 74´), e os outeses derrotaban por 3-0 ao ED Os Miúdos con goles de Álvaro, (32´), Xoel, (50´) e Sanchiño, (75´). Todo apunta a unha final totalmente sureña se os pontecesáns non o evitan. Nestas categorías pode pasar de todo e sobre todo e xa o vimos noutras ocasións, os nervos xogan malas pasadas, polo que non hai nada dito.

ENCONTROS

SCDR Esteirana-SD Ponteceso

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro-Muros)

Día : sábado 01/06

Hora : 18:00

Árbitro : Por determinar

Resultado ida : 0-2 para os estiráns

ED Os Miúdos-Outes CF

Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)

Día : Domingo 02/06

Hora : 11:00

Árbitro : Por determinar

Resultado ida : 3-0 para ios outeses.

En “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8