GRAN ÉXITO EN ZAS DE PARTICIPACIÓN E NIVEL DE XOGO NO “XII TORNEO PONCIANO NIETO”, DE TENIS DE MESA.

 

Gran éxito de participación, nivel de xogo e moitos partidos igualados foi o que deparou o “XII Torneo Ponciano Nieto”, de tenis de mesa, celebrado en Zas o sábado 18 de xuño.
.
Todos/as destacaron o gran ambiente de cordialidade e distensión que se sinte neste torneo. Eso fai que cada xogador libera as súas tensións e xogue moito mellor do que o faría nun partido de liga, por eso poideron verse puntos moi bonitos e partidos que parecia que non daban acabado pola igualdade do marcador.
.
.
Desfrutaron dun aperitivo as 12 h despois da competición dos grupos e así repoñer forzas para as eliminatorias finais, tanto para saber o gañador/a de cada categoría como os demais postos, desta maneira as 18 mesas que o AD Zas colocou para o torneo estiveron sempre ocupadas. Agradecer dende o AD Zas a colaboración de todas/os para recoller todo o usado no campionato. Agradecer tamén a colaboración do Concello de Zas, Deputación de A Coruña, Xunta de Galicia,  Asesoría O Pinar, Talleres Rey, Clinica Dental O Pinar e demais colaboradores individuais. Sen eles este torneo no podería celebrarse. 
.
.
En canto aos resultados non defraudaron os favoritos Alberto Pérez (Helios Bembrive) e María Pena (Cinania) para levarse o primeiro premio masculino e femenino (un reloxio de barro deseño exclusivo para este torneo de Olería Cambón de Buño). Os demais premiados tamén foron de barro da mesma olería así como un colgante para o resto das persoas que dun xeito ou doutro tiveron participación neste torneo. 
.
.
.
OPEN  A
Campión: Alberto Pérez 
2º: Javi Canzobre
3º: Juan Ángel
4º: Tomás Valín
.
FEMENINO
Campioa: María Pena
2ª: Fanny Bolaño
3ª: Nerea González
4ª: Marta Pérez
.
.
OPEN B
1º: Pedro Saavedra
2º: Nico Collazo
3º: Iván Batalla
4º: David Gómez
.
INFANTIL
1º: Lorenzo Saavedra
2º: Noel Casares
3º: Enrique Mallón
4º: Sergio Barbeira
.
.
.
Nas fotos aparecen os gañadores de cada categoría e varias que mostra o ambiente do torneo.
.
.
Aproveitamos a ocasión para darlle a noraboa a Miguel Rey, membro do AD Zas como xogador-entrenador e outras tareas, que como seleccionador galego acaba de proclamarse campión do torneo iberico de categorias base en femenino e masculino. Aparte dos exitos individuais de varios dos xogadores por el convocados
.
.
-Fotos e Texto : Stevo Zas