GRAN ÉXITO DA “VII GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO” CELEBRADA EN CAMBRE.

 

 

VII Gala do Fútbol Feminino Galego 

Premiadas relacionadas co fútbol coruñés

Foto foto fin de gala (c) Mónica Ferreirós.

Deportivo e Tere, que volve a facer triplete, protagonistas da Gala do Fútbol Feminino Galego por terceiro ano consecutivo

Como aconteceu nas dúas temporadas anteriores, a xogadora do Deportivo, Teresa Abelleira, foi unha das grandes protagonistas na VII Gala do Fútbol Feminino Galego que se celebrou onte en Cambre. A mediacentro branca e azul conquistou o premio de mellor mediacentro dereita ao formar parte do once ideal dos equipos galegos da pasada Segunda División, ademais de engadir o de mellor promesa galega, no derradeiro ano no que concorre pola súa idade, e o de mellor xogadora galega de Segunda División. Nos tres casos, a pontevedresa repetiu os galardóns como fixera nas dúas galas anteriores celebradas en Cambados e Abegondo.

O outro gran vencedor foi o Deportivo. A superioridade coa que logrou o ascenso deixárono sen rivais para conseguir, tamén por terceiro anos consecutivo, o premio de mellor equipo galego da temporada,

O emblema deportivista brillou varias veces sobre o escenario, pois unha alta porcentaxe de xogadoras, ademais de Tere, formaron pate do once ideal da categoría. Así, na liña defensiva, Cristina Martínez e Silvia Mérida foron escollidas como mellores lateral e central dereitas, respectivamente. No centro do campo tamén recibiu o seu trofeo Rosalía Muíño, na actualidade nos Estados Unidos, como mellor interior dereita e Alba Merino, mellor interior esquerda. O ataque foi totalmente deportivista con Gaby García, mellor mediapunta, e Peke, mellor dianteira.

Tamén foi unha noite de recoñecemento para Lis Franco pola súa traxectoria no Karbo, no Deportivo e nas seleccións absolutas de España e de Galicia, entre 1975 e 1988.

No que respecta ao fútbol coruñés, ficaron ás portas de recibir premios Carlota Sánchez (Deportivo B), na categoría de mellor xogadora de Primeira Galega, que gañou Míriam Domínguez (Umia), e Manu Sánchez (Deportivo) e Toño Rubiales (Victoria) na de mellor técnico, que recaeu por segundo ano consecutivo en Chivi García (Victoria de Santiago).

Outra das grandes protagonistas da noite foi a valencianista Mari Paz Vilas, que fixo dobrete como no 2016 en Ribadumia, cando gañara os premios de mellor xogadora galega da temporada e o de ser a autora do mellor gol galego na campaña 2018/19, logo dun espectacular control na frontal, de costas a porta, e un golpeo imparable lonxe do alcance da logroñesista De la Nava, no partido celebrado en Paterna ao comezo da segunda volta da pasada liga de Primeira División.

Zulema González, a única árbitra internacional galega, recibiu por terceira vez o premio de mellor colexiada.

No acto tamén foron agasallados o Sporting Cambre, o Brexo Lema e o Once Caballeros, pola labor que están facendo no desenvolvemento do fútbol feminino e o Concello de Cambre, que recibiu a placa pola que a publicación decana do fútbol feminino en España o considera “institución amiga do fútbol feminino”.

A Gala, coa que se pon fin ás actividades relacionadas co fútbol feminino galego no 2019, celebrouse na Finca El Cenador.

Mellor equipo : Deportivo, con Carlota. Kevin Cabado e Manolete.

-Lista de premiadas-

Segunda División Galega:

Guardarredes menos goleada: JUDITH María de Frutos Woetichen (Friol B)

Mellor goleadora: MELANIE García González (Boiro)

Primeira División Galega:

Guardarredes menos goleada: Patricia Casas Sampaio “HOUSE” (Umia)

Mellor goleadora: Catarina Vanessa da Silva MACHADO (Interrías)

Mellor xogadora: MÍRIAM DOMÍNGUEZ Marcos (Umia)

Segunda División:

Guardarredes menos batida do Gr. I: LAURA Gallego Silvente (Friol)

Mellor goleadora galega: NATALIA de Francisco Gómez (Matamá)

Once ideal:

Mellor guardarredes: CARMEN Sumay Dios (Victoria Santiago)

Mellor lateral dereita: CRISTINA Martínez Gutiérrez (Deportivo)

Mellor central dereita: Silvia MÉRIDA Ramírez (Deportivo)

Mellor central esquerda: ANDREA MIRÓN Castro (Friol)

Mellor lateral esquerda: SARA DEBÉN Mota (Matamá)

Mellor interior dereita: ROSALÍA Muíño González (Deportivo)

Mellor mediacentro dereita: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Mellor mediacentro esquerda: LARA Martínez Velázquez (Matamá)

Mellor interior esquerda: ALBA MERINO Sánchez (Deportivo)

Mellor media punta: Gabriela “GABY” Antonia GARCÍA Segura (Deportivo)

Mellor dianteira: Ainize Barea Núñez “PEKE” (Deportivo)

Mellor xogadora galega de Segunda División: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Premios globais:

Traxectoria histórica: Luisa Victoria de Fátima “LIS” FRANCO Iglesias (Karbo, Deportivo e seleccións española e galega: 1975/1988)

Mellor promesa: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Mellor colexiada: Zulema GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Ourense)

Equipo máis deportivo: S.D. BANDEIRA

Mellor técnico: Francisco Javier García Rouco “CHIVI” (Victoria Santiago)

Mellor gol: María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia)

Valencia C.F. – Esc. F. Logroño: 2-1

(1ª División. Xornada 18 (27/01/2019): 2-1 minuto 72.

Mellor equipo: DEPORTIVO

Mellor xogadora galega 2018/19: María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia)

 

–Fotos e Texto : Carlos Castro/Revista do Fútbol Feminino Galego

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies