GRAN ENCONTRO DO DEPORTIVO FEMININO QUE GOLEU O ZARAGOZA, (3-0)

 

Deportivo Feminino 3-0 Zaragoza CFF

Non se lle nota as pupilas de Miguel Llorente que sexan un equipo totalmente remozado, con só 3 xogadoras do ano pasado. María Ruiz que sumaba o seu 5 gol nunha semana, antre liga e Copa. facía o primeiro ao cuarto de hora de xogo, tras materializar un penalti por mans dunha xogadora visitante a un saque de curruncho lanzado pola propia María Ruiz. Pasada a media hora de encontro chegaba o xogadón individual do partido protagonizouno Carlota por banda esquerda, zafándose doe tres defensas que saíron ao seu paso e atopándose encima o corpo da porteira visitante para evitar o gol. Un segundo penalti claro, por un pisotón sobre a liña lateral a Cris, transformouno Ainhoa Marín igual que o fixo María Ruiz, lanzando á esquerda coa gardameta tirándose á dereita. Sin novas das visitanates acababa a primeira metade.

Xa na segunda o control foi absoluto das deportivistas e o gol da sentenxa chegaría tras xogada combinativa, na que tralas transicións o balón acabou chegando un par de metros por diante da frontal a Aroa Guerra que atopou o oco polo recanto da portería visitante. Aroa tamén repetía gol esta semana tras facer un na Copa.

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Goretti Neira (Patri López, min. 46), Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín (Adule, min. 81), María Ruiz (Ale Serrano, min. 81), Carlota Sánchez (Eva Dios, min. 68) e Laura Fernández (Aroa Guerra, min. 60).

Zaragoza CFF: Elena Casao, Irene Rodríguez, Marta Valero (La Spitler, min. 57), Lauren Curtin, Teresa Rei, Cara Curtin (Judith Sainz, min. 71), Annelle Leitner, Sara Pérez (Haley Berg, min. 57), Lucía Fortes (Racheal Nachula, min. 57), Andrea Álvarez (Francesca Soro, min. 71) e Elena Valej.

Goles: 1-0 María Ruiz, (min. 15 de penalti); 2-0 Ainhoa Marín, (min.35 de penalti); 3-0, Aroa Guerra (min. 67)

Árbitro: Oreiro Hermida (c. galego). Amoestou a Paula Gutiérrez (min. 38). Expulsou a Víctor Búrdalo, técnico visitante, con vermella directa.

Incidencias: Partido da 5ª xornada de Reto Iberdrola, primeiro encontro con aforamento completo habilitado na Cidade Deportiva de Abegondo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia