GORKA SANTAMARÍA NA SUA PRESENTACIÓN : “TÍVENO CLARO, É O MELLOR EQUIPO DA CATEGORÍA”.

 

No día de hoxe, segundo de pretempada para o plantel que dirixe Borja Jiménez, foi presentado o dianteiro Gorka Santamaría, que se amosou contento de chegar o Depor, e afirmou que se cumpre obxetivos o seu contrato prorrogarase un ano máis, do que di estar convencido.

“Puxéronse varios equipos en contacto, pero cando o Dépor colleu o teléfono e falaron comigo, tíveno claro. Considero que é o mellor equipo da categoría e para conseguir o meu obxectivo, que é chegar a Segunda, non había mellor equipo”, dixo o novo dianteiro deportivista.

Borja Jiménez falou con él e se xa estaba convencido tras chamalo o Depor, tal e como afirmou, máis o falar co técnico deportivista : “Foi unha charla moi futbolística. Das cousas que eu tiña boas, do estilo do equipo e a súa metodoloxía. Encaixou perfectamente comigo e tíveno claro. Cando teño que vir en apoio fágoo ben e son capaz de asociarme. Pero tamén son un punta que non se pon nervioso se non entra en contacto co balón. Ao mínima trato de aproveitalo”.

Tan pronto nos chegue o vídeo da sua presentación colgarémolo no inicio do artigo, e poderás ver todo o que dixo.

-Foto e Vídeo : rcdeportivo

-Texto : piratasdemuxia