GORETTI NEIRA FICHA POLO DEPORTIVO FEMININO QUE XA COÑECE OS SEUS RIVAIUS NA LIGA RETO IBERDROLA.

 

Goretti Neira López (A Coruña, 7 de agosto de 2000) será nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

Goretti chega procedente do CPM Friol, no que xogou as cinco últimas campañas, as dúas últimas no Grupo Norte de Reto Iberdrola, a segunda categoría nacional na que militará o conxunto deportivista o próximo curso.

A xogadora coruñesa, que comezou a xogar ao fútbol no Victoria CF, desenvólvese como lateral esquerda.

 

Rivais na Liga Reto Iberdrola para o Deportivo Feminino

A Federación Española de Fútbol estableceu os dous grupos de 16 equipos cada un nos que quedou constituída o Reto Iberdrola, competición na que participará o Deportivo ABANCA.

Así, os rivais do conxunto branquiazul son os seguintes:

-Athletic Club B
-CD Fundación Osasuna Feminino
-CD Parquesol (Valladolid)
-CDE Racing Féminas (Santander)
-CE Seagull (Badalona, Barcelona)
-Atlético de Madrid B
-FC Barcelona B
-Oviedo Moderno CF
-SE AEM (Lleida)
-Real Sporting de Gijón
-Zaragoza CFF
-RCD Espanyol
-FC Levante Las Planas (Sant Joan Despí, Barcelona)
-CD Pradejón (A Rioxa)
-CDEF Logroño

O Deportivo ABANCA comezará a temporada a fin de semana do 4 e 5 de setembro. O último partido de 2021 será a fin de semana do 11 e 12 de decembro. Tralo parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022. A liga concluirá a última fin de semana de maio e quedará o mes de xuño para os playoff.

Apunta a Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Tercera RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

Até a data, están confirmadas as seguintes futbolistas para a próxima temporada do Deportivo ABANCA: Alba Merino, Cris, Eva Dios, Carlota, María Ruiz, Alejandra Serrano e Goretti.

-Texto : RC Deportivo

-Foto : www.futboleras.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies