GOLPE ENRIBA DA MESA DUN BERGANTIÑOS CF MÁIS LIDER TRAS DERROTAR O SEU MÁXIMO RIVAL O UD SOMOZAS, (2-0).

Once titular do Bergantiños CF nas Eiroas.

 

Bergantiños CF 2-0 UD Somozas

Por fin se xogou o encontro antre o Bergantiños CF e o seu máximo rival na loita polo título de liga. Facía falla despexar incognitas e así o fixo o equipo de José Luis Lemos,, que tumbou a un Somozas que se queda a 4 puntos a espera do que aconteza o vindeiro mércores, (19:30 horas), no encontro que ten previsto xogar o equipo carballés nas Eiroas ante o CD As Pontes, que podería deixar a distanza antre carballeses e somocenses en 7 pntos.

Deixou o equipo de Carballo facer o Somozas nos primeiros compases do encontro, sen descuidar a retagarda e buscando ter a ocasión de meterlle man e así foi. No derradeiro treito de encontro Marcos Remeseiro avisaba cun remate dende o borde do área que pasaba preto do poste e pouco despois él mesmo poñía o 1-0, a remate dun saque de curruncho efectuado por Lamelas. Con este resultado chegábase o descanso.

Xa na segunda metade e cando se esperaba que os visitantes que foran dominadores do coiro na primeira metade, se fosen arriba, era o conxunto carballés o que amosaba a sua forteza e que se facía co encontro. Con todo eso o resultado era unha incerteza e calquer roubo, contragolpe, ou xogada de balón parado podía supor a igualada, pero tanto a zaga coma o meta Brais solventaron os intentos visitantes e Cano xa no derradeiro suspiro facía o 2-0 o rematar un centro de Duque e dar un golpe enriba da mesa na clasificación.

Bergantiños CF : Brais, Iago López, Rodriguez (Marcos, min.70), Aarón, Charly (Jorge Cano, min.56), Uzal, Martín Lamelas, Agulló, Marcos Remeseiro (Duque, min.70), Yelco Alfaya (Antón, min.56) e Tarí (Tuno, min.82).

UD Somozas : Marcos Souto, Garrido, Carlos Riveiro, Alex Cabarcos, Albertito, Bruno (Rodríguez, min.64), Marcos, Alberto Leira (Aldán, min.79), Toni (Rojo, min.84), Luis Nuño (Iago Blanco, min.84) e Pablo Rey.

Goles : 1-0, Marcos Remeseiro (42´); 2-0,  Jorge Cano (89´).

 

Outros resultados

Neste pasado Domingo tamén se xogaron os encontros aprazados doutras xornadas.

Polvorín CF 0-0 CD As Pontes

CSD Arzúa 1-0 Fabril

SD Silva 1-1 Agrupación Estudiantil

Viveiro CF 2-0 SD Fisterra, (Crónica)

 

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies