GOLEADA E PODIO DA LIGA PARA O UC CEE NA 6ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3.

2ª DIVISIÓN FEMININA G1

-6ª Xornada-

Laura Blanco, (UC Cee).

 

AD Nicraniense 0-8 UC Cee

Muchi, (Coordinador do UC Cee) : “Desprazouse o noso Feminino a Negreira para enfrontarse no Municipal de Cepelo ao ADN, onde foron quen de sumar 3 novos puntos. Tras un inicio moi igualado, dúas rápidas combinacións caeron nos pés de Uxía, que inaugurou o marcador tras un pase de Lucía Martínez, e provocou o segundo tanto en propia porta. Xa asentadas no campo, e ca tranquilidade deses dous goles, foron mellorando en xogo e propiciaron diversas ocasións que se traduciron nos goles de Lucía Martínez por partida dobre, Lucía Canosa tamén en dúas ocasións (un deles de belísima factura), Laura Garrote e Lucía Barreiro que tivo unha gran actuación.

Para a semana que ven, gozarán de xornada libre de competición, que de seguro servirá ás nosas para coller folgos, mentres seguen gozando das posicións de privilexio da táboa clasificatoria”.

 

FICHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMO ENCONTRO

UC Cee-ED As Miúdas

-Día : 10/11/2019

-Hora : por determinar

-Posición/Puntos UC Cee : 3º/15

-Posición/Puntos ED As Miúdas : 4º/10

-Texto : Muchi-piratasdemuxia.es

-Foto : Da nai da xogadora

-Ficha Técnica : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.