GOLEADA DO FISOBER FSF SOBRE O CONCELLO DE BEGONTE, (0-7) NA PENÚLTIMA XORNADA DA PRFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA-Subgrupo “A”

-LIGA AUTONÓMICA-

13ª xornada

Pabillón Municipal de Begonte

María Dumbría foi unha das goleadoras do equipo.

CONCELLO DE BEGONTE F.S. 0-7 FISOBER F.S.F. 

BEGONTE: Alicia, Sheila, Ainara, Ruth, Laura ; Tamén xogaron: Nerea, Jenni.

FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Mai ; Tamén xogaron: María Dumbría, Nuriña.

ÁRBITROS: Christian Fontela Díaz e David Fernández Chao.

GOLES: 0-1 min 4 Mai, 0-2 min María Dumbría, 0-3 min 16 Paula Fandiño, 0-4 min 17 Adriana, 0-5 min 18 Carre; ( descanso) , 0-6 min 31 Adriana, 0-7 min 35 Nuriña.

O Fisober sacaba adiante o seu último partido a domicilio da tempada, nun enfrontamento no que ambos equipos chegaron moi xustos de efectivos.

Comezaba cunha ocasión do Fisober o partido despois dun lanzamento de Carre e o rexeite de Paula Fandiño que paraba a porteira local. Que pouco despois desfacía unha ocasión de Adriana.

Despois a mesma Adriana a pase de Carre envíaba o balón ao ferro. Aos catro minutos un pase atrás de Adriana era materializado por Mai para o primeiro gol visitante.

As locais non se desmoralizaban e tiñan unha dobre oportunidade que desbarataba Lía.

Despois unha boa combinación visitante finalizaba con remate de Nuriña. Despois era Carre a que se atopaba ca porteira local.

Mediada esta primeira metade un pase ao oco de Carre para María Dumbría e un remate desta última poñían o segundo visitante.

Despois un lanzamento ao longueiro de Paula Fandiño e un man a man de Mai case aumentan a vantaxe das costeiras.

A catro para o fin un lanzamento de falta de Paula Fandiño poñía o terceiro. Un minuto despois era Adriana a pase de Mai a que facía o cuarto.

Chegaron ocasións de Paula Fandiño e Adriana, pero quen fixo o quinto foi Carre cun lanzamento que finalmente pegaba na porteira.

O Begonte quería o seu gol e poñía perigo sobre Lía cun tiro exterior. Chegándose así ao fin da primeira metade.

A saída da segunda metade foi forte por parte das locais que poñían en apuros a Lía con varias ocasións que eran resoltas pola porteira costeira.

Seguían intentando as locais unha e outra vez dende lonxe agora.

Nuriña cunha ocasión creaba un pouco de perigo para as costeiras ante a fortaleza das locais que seguían percutindo ante Lía.

Pero mediada esta segunda metade Mai atopaba a Adriana para facer o sexto visitante.

As locais seguían a crear moito perigo na busca dun merecido gol que non chegaba.

E nunha contra era Nuriña a que facía o definitivo gol costeiro.

A vindeira semana remata a liga coa visita do campión de Grupo o 5 Coruña a Dumbría.

CLASIFICACIÓN

Con esta vitoria o Fisober empata coas terceiras, Vilalba FS a 18 puntos. Lidera a táboa o Academia Red Blue 5 Coruña, xa campión a pasada semana, con 31, seguido do Ribeira-Lieders con 27.

-Crónica e Foto : Luis Sambad/Fisober FSF.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies