GOLEADA DO FISOBER FSF O RIBERA LIEDERS, (4-1), UN DOS “COCOS” DA COMPETICIÓN.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

FISOBER F.S.F. 4-1 RIBEIRA LIEDERS

FISOBER: Sharay, María Dumbría, Ana, Uxía, Saray; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Paula Fandiño, Adriana, Carre, Nuriña, Lucía Canosa.

RIBEIRA: Violeta, Carmen Segade, Mariña, Ceci, Carmen Ceide; Tamén xogaron: Azahara, María, Helena, Uxía, Elvira, Paula, Patricia.

ÁRBITROS: Marcos Noya i Elvis Rodríguez.

GOLES: 1-0 min 4 Adriana, 2-0 min 8 Carre, 3-0 min 12 Paula Fandiño, 4-0 min 14 Uxía, (descanso), 4-1 min 37 Mariña.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 3ª xornada de Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na mañá do domingo nas I.D. de O Conco.

CRÓNICA

Partidazo o vivido en Dumbría no que o cadro costeiro deu conta do ata daquela líder invicto nun partido dos que fan afección e nos que os dous conxuntos deron un gran espectáculo.

O partido comezou cunha gran intensidade por parte de ambos conxuntos .

A primeira gran ocasión do partido foi para as visitantes cun lanzamento ao ferro. Seguían acosando as visitantes que poñían a proba a Sharay cunha gran parada.

Aos catro minutos dun saque de banda chegaba o gol de Adriana para adiantar as locais.

O Fisober tamén seguía ao seu e un lanzamento de Carre poñía a proba a porteira lucense. De novo Carre cun lanzamento de falta a piques estaba de marcar o segundo.

O Fisober estaba a dominar o partido con gran intensidade, e froito diso a terceira foi a vencida para Carre que lograba aos oito minutos o segundo gol local.

O Ribeira non se rinde e busca sorprender a Sharay dende lonxe cun lanzamento que roza o longueiro.

Mediada a primeira metade un roubo de Ana, manda un balón a Paula Fandiño que no un para un marca un golazo para facer o terceiro do Fisober.

O Fisober seguía ao seu e un roubo de Uxía para Carre producía unha dobre ocasión para esta última primeiro contra a porteira e despois cun lanzamento ao ferro.

No catorce Uxía facía o cuarto gol local poñendo máis terra de por medio despois dun pase de Nuriña.

Non paraba o Fisober e un lanzamento longo de Paula Fandiño para Ana que poñe en apuros a porteira.

E para rematar a primeira metade unha dobre ocasión para Paula Fandiño e Ana. Poñendo así fin a unha gran primeira metade das costeiras.

Na segunda metade o Ribeira inicia cun maior ritmo e intensidade, o Fisober intenta defenderse con posesión.

O Ribeira poñe en apuros a unha Sharay que fai unha gran parada.

O Ribeira pon un ritmo infernal e fai que Sharay faga unha dobre parada para evitar o gol case cantado. A segunda metade está a ser moi diferente a primeira e as lucenses toman o dominio do partido e demostran o seu potente xogo.

As visitantes non paran de poñer en apuros a Sharay que se converte na protagonista desta segunda metade unha e outra vez. As costeiras están a pasalo mal a pesares da ampla vantaxe.

Pero nunha contra cunha xogada a primeiro toque o balón chega a María Dumbría que marca pero o colexiado anula o gol por unha suposta falta previa, moi protestada a xogada polas locais.

Parece que ao Fisober se despereza un pouco e un saque de esquina de Paula Fandiño para María Dumbría remata con está ultima enviando ao longueiro.

Nestes últimos minutos o partido está máis aberto con ocasións para ambos conxuntos, pero con prepondorancia para as visitantes que seguen acosar a Sharay.

As visitantes saen de cinco e conseguen o froito a tres para o fin, cun catro a un que xa non se movería.

A pesares dunha gran primeira metade o Fisober sufríu na segunda o que da máis valor se cabe ao triunfo ante un dos cocos da categoría.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies