GOLEADA DO FISOBER A DOMICILIO, (0-9) NA PENÚLTIMA XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

A FERVENZA FSF B 0-9 FISOBER FSF 

FERVENZA B: Iria, Sara, Cristina, Laura, Paula; Tamén xogaron: Sofía, Irene, Alba, Sofía María, Ainara, Keira.

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Nuria, Saray. Tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Adriana, Uxía.

ÁRBITROS: Ramón Bujía, Eduardo Morales.

GOLES: 0-1 min 1 Paula Fandiño, 0-2 min 5 Nuria, 0-3 min 7 Paula Fandiño, 0-4 min 15 Adriana, 0-5 min 16 Lucía Martínez , 0-6 min 18 Lucía Martínez, ( descanso) , 0-7 min 25 Adriana, 0-8 min 31 Uxía, 0-9 min 37 Adriana.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 29ª xornada de liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no P. Campo da Serra na tarde do sábado.

O Fisober fixo o último viaxe da tempada nesta penúltima xornada e acadou un triunfo que as deixa sextas na clasificación con opcións de mellorar posición na última xornada dependendo dos resultados.

Un gol de Paula Fandiño no primeiro minuto puxo moi de cara o partido. Aos cinco Nuria facía o segundo e daba tranquilidade as costeiras.

Despois dun par de ocasións máis, Paula Fandiño facía o terceiro gol visitante. A Fervenza tivo un par de ocasións para reducir diferenzas antes do cuarto gol obra de Adriana. Un doblete de Lucía Martínez antes do tempo de lecer deixou o partido moi claro para as costeiras.

A volta do vestiarios foi con moitas imprecisións por ambos equipos. Claudia tiña unha boa ocasión para o Fisober antes dun novo gol obra de Adriana.

Uxía e Adriana facían os dous últimos goles do conxunto dirixido por Dani Costa.

A vindeira semana o ED Vigo 2015 visita ao Fisober para pechar a tempada en horario unificado xa que as olívicas xóganse o descenso.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad