GOLEADA DO FABRIL SOBRE O ESTRADENSE, (4-0), NO CUARTO AMIGABLE DE PRETEMPADA E VITORIA TAMÉN DO PAIOSACO SOBRE O AS PONTES, (1-0).

Fabril e Estradense xogaron en Abegondo.

 

Fabril 4-0 CD Estradense

O Fabril superou con nota no cuarto test de pretemporada (4-0), a visita do CD Estradense a Abegondo. Sumou nos encontros que leva xogados, 2 vitorias, (ante Somozas e Estradense) e dous empates, (ante Compostela e Bergantiños).

Os fabrilistas foron superiores ao seu rival, sobre todo na segunda metade; e plasmaron o seu dominio no xogo con goles, obra de Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera.

Juan Carlos Valerón, técnico fabrilista, repartiu minutos entre todos os seus futbolistas. Só o meta Pablo Brea quedou no banco todo o encontro.

Fabril: Alberto, Guerrero, David, Yuste, Boedo, Villares, Guedes, Pescador, Cambón, Peke e Álex. Tamén xogaron: Israel, Guille, Kanouté, Javi Sánchez, Mosquera, Barba, Prendes, Rayco e Sarmiento.

A próxima cita de pretemporada para o Fabril será este sábado 10 de outubro no campo da Magdalena de Vilalba ante o Racing Villalbés (17:00 horas).

 

A pretemporada da Fabril a que lle queda un encontro marcha así:

Bergantiños FC 0-0 Fabril 
Fabril 1 (Javi Sánchez) – SD Compostela 1
UD Somozas 1 – Fabril 2 (Villares e Mosquera)
Fabril 4 (Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera) – CD Estradense 0
Racing Villalbés – Fabril, o sábado 10 de outubro ás 17:00 na Magdalena (Vilalba).

 

SD Paiosaco 1-0 CD As Pontes

O Paiosaco continúa en plena forma na pretemporada. O equipo que adestra Juan Riveiro conseguiu a cuarta vitoria en cinco partidos de preparación disputados ata o momento e segue invicto. Otero anotou o único gol do encontro disputado na Porta Santa no tramo final dun encontro moi igualado.

Coa de onte, o Paiosaco acumula catro vitorias #ante Fisterra, Choco Xuvenil, Silva e o propio As Pontes e un empate no primeiro amigable contra o Bergantiños.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies