GOLEADA DO ED AS MIÚDAS SOBRE O CD BAMIO, (6-1), NA 8ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

 

ED As Miúdas 6-1 CD Bamio

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Gran actuación en conxunto das Miúdas que incluso se sobrepuxeron a temprana expulsión da súa porteira Adriana.
Xa antes do 1-0 as locales impuxeron o seu ritmo para ter as mellores ocasións, pero Pati en 2 veces e Ainoa non atinaron entre os 3 paus. No minuto 27 a de outes atoparía o premio do gol, internada dende o pico da area tras levar por velocidade a 2 zagueiras e ante a porteira remata e o rexeite da gardamallas peta novamente en Ainoa para colarse por baixo.

Pouco despois chegaría o empate, balón ás costas das centrales muradanas, Adriana sae da area e chega para despexar antes que a dianteira do Bamio pero o balón tras dar ca rodilla da porteira peta lo brazo e o árbitro sinala expulsión por entender voluntariedade. No propio lanzamento da infracción chegou o empate nun disparo forte e raso que Laura non foi quen de atallar, minuto 35. Intentaron as visitantes dar un paso adiante e aproveitarse da superioridade numérica, pero sería Pati quen se beneficiou dun gran pase en profundidade de Antía para irse a vestiarios con 2-1 favorable ás locales no minuto 44.

Nada máis volver do descanso, co equipo reestructurado, a capitana Martina situaríase no mediocentro do equipo local para compensar a inferioridade, e os cambios melloraron ainda o xogo monopolizando o dominio do balón en toda a segunda parte. Pati poñería distancia xa no primeiro minuto facendo o 3-1, e as locales gustábanse movendo o balón con criterio e rápidas transicións para crear perigo. Así, tras un corner ben botado por Gala, Leti remataría anticipándose a súa defensora picando de cabeza e facendo o 4-1 no minuto 69.

Antía estivo a piques de materializar un libre directo lonxano que pasou lamendo o traveseiro. Unha ocasión perigosa nos pes da capitana do Bamio sería ben resolta por Laura antes que que Eva fixese o 5-1 batendo por alto tras unha rápida contra levada dende area propia no minuto 83. E Gala celebraría o seu 16 cumpleanos facendo o definitivo 6-1 finalizando outra xogada combinativa tras pase de Eva no minuto 88.

Partido moi traballado das de Muros ante un rival rochoso ó que non lle deron opcións nin estando en inferioridade”.

 

 

FICHA TÉCNICA

-Fotos : Chema Caamaño

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies